Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de cento vintecinco ordenadores persoais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 23/2003.

2. Obxecto do contrato: subministración de 125 ordenadores persoais.

a) Lugar de entrega: servicios centrais e centros asistenciais da consellería na Comunidade Autónoma galega.

b) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 150.000 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50; fax: 981 54 29 08.

7. Requisitos específicos do contratista, solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no enderezo arriba indicado (ver punto 6) ás 9.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte (incluído) ó da finalización da presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: 18,76 euros/liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais