Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Ribadavia (CP-SX-4/2003), Novoa Santos (CP-SX-5/2003) e Verín (CP-SX-6/2003).

A directora xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade de 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos (DOG nº 66, do 5 de abril) e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las licitacións que a seguir se citan:

* Nº de referencia do expediente: CP-SX-4/2003.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e PAC de Ribadavia.

2. Orzamento total: 96.000 euros (IVE incluído).

Ano 2003: 24.000 euros.

Ano 2004: 48.000 euros.

Ano 2005: 24.000 euros.

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (1.920 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Clasificación: non se esixe.

* Nº de referencia do expediente: CP-SX-5/2003.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e SNU Novoa Santos.

2. Orzamento total: 110.000,16 euros (IVE incluído).

Ano 2003: 27.500,04 euros.

Ano 2004: 55.000,08 euros.

Ano 2005: 27.500,04 euros.

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (2.200 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Clasificación: non se esixe.

* Nº de referencia do expediente: CP-SX-6/2003.

1. Obxecto: servicio de limpeza no centro de saúde e PAC de Verín.

2. Orzamento total: 130.000,08 euros (IVE incluído).

Ano 2003: 32.500,02 euros.

Ano 2004: 65.000,04 euros.

Ano 2005: 32.500,02 euros.

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (2.600 euros).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

4. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

As condicións que rexerán os expedientes relacionados son as contidas nos puntos seguintes do nº 5 ó nº 15 ambos inclusive.

5. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

6. Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de xullo de 2003 ou data de comezo efectivo da vixencia do contrato unha vez formalizado, se é posterior.

7. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Criterios de adxudicación: ver punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica e financeira: acredítarase por algún dos medios indicados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acreditase por algún dos medios indicados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avda. de Zamora, 13-5º andar, 32005 Ourense, teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina. Tamén poderán ser consultados na páxina da Internet do Sergas (www.sergas.es).

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto púlbico, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 28 de abril de 2003.

Eloína Núñez Masid

Directora xerente de Atención Primaria de Ourense