Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza OU-111/2002-C, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó director xeral de Conservación da Natureza, para a resolución do procedemento.

De conformidade co artigo 8 do R.P. o pagamento voluntario polo imputado, en calquera momento anterior á resolución, poderá implicar igualmente a terminación do procedemento, sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes. O importe da sanción farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso que lle será facilitado nas oficinas desta delegación ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 23 de abril de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-111/2002-C.

Denunciado: Manuel Varela Espido.

DNI: 76514825-N.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, 174-1º, 32350 A Rúa.

Feito probado: cazar sen ter contratado o seguro obrigatorio do cazador.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.31º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: multa de 601,02 A, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.