Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Sanguiñal e outros pertencentes ó lugar de Furco do concello de Cuntis.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou

inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Cuntis.

Lugar: Furco.

Nome do monte: Sanguiñal.

Cabida: 39.930 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: regato que separa da propiedade de José Luis Caeiro.

Sur: propiedades particulares de Manuel Gómez e José Blanco.

Leste: propiedades particulares de Herminda Ferro, José Luis Caeiro, Sara Arca, Camilo González, Herminda Ferro, José González, Antonio Arca, Delia Magariños, Juana González e Casimiro Escariz.

Oeste: estrada comarcal de Cuntis ó Alto da Cruz, propiedades particulares de Moisés González e Andrés Torres.

Servidumes e ocupacións:

Este monte atópase atravesado polas proximidades do seu linde noroeste, por unha pista asfaltada que vai dar ó núcleo urbano do lugar de Furco.

Nome do monte: Monte da Aldea.

Cabida: 53.755 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Maruja Almeida, Dolores Magariños, José González, Félix Rivas, José Luis Caeiro, Carmen Cernadas, Manuel Pardal, Fina Caeiro, Camilo González, Carmen Cernadas, Sara Arca, Casimiro Escariz, José Peña e masas comúns de concentración parcelaria.

Sur: propiedades particulares de Manuel Pardal, Manuel Ferro Dopazo, José Ferro, Herminda Ferro, Erundina Rivas, José Luis Caeiro Porto e Sara Arca.

Leste: estrada de Vilar a O Caeiro.

Oeste: propiedades particulares de Erundina Rivas, Mercedes Castro Fins, José Luis Caeiro e Sara Arca.

Nome do monte: Arrecosto.

Cabida: 42.515 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Camilo González, Casimiro Escariz, Sara Fojo, Delia Magariños, Herminda Ferro, Sara Arca, Evaristo Pisos e Sara Arca.

Sur: propiedades particulares de Purificación Fuentes, Manuel Hervés, Carmen Hervés, Francisco Amado, Jesús González, Raimundo Sánchez, Purificación Fuentes e monte comunal de Vilar.

Leste: propiedades particulares de Purificación Fuentes e camiño.

Oeste: estrada de Vilar a O Caeiro, propiedades particulares de Camilo González e Dolores García.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 24 de abril de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra