Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.949

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

AUTO (02/0004011/2000-T).

Dilixencia. A Coruña, vintetrés de abril de dous mil tres. Expídoa eu, secretaria, para facer constar que transcorreu o prazo concedido a Cooperativa de Viviendas Monteventoso, sen que comparecese en autos. Dou conta á sala e dou fe.

«José María Arrojo Martínez, presidente.

Carlos López Keller.

José Antonio Méndez Barrera.

A Coruña, vintetrés de abril de dous mil tres.

Feitos:

Primeiro.-Este recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 4011/2000, interposto por Cooperativa de Viviendas Monteventoso, contra resolución do IGVS, do 25 de outubro de 1999, que o dito recorrente foi emprazado en legal forma para que comparecese no recurso no modo e forma que determina a lei xurisdiccional, ó ter sido revogados os poderes outorgados pola recorrente, expedíndose oficio ó Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol co fin de que no prazo de dez días puidese comparecer por medio de avogado e procurador, con apercibimento de que, se así non o verificase, se procedería sen máis trámite ó arquivo das actuacións.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-Que ó non ter comparecido nos autos a parte recorrente, dentro do prazo de dez días que para o efecto lle foron concedidos, procede, de conformidade co disposto, acorda-lo arquivo das actuacións, sen custas.

A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 4011/2002, interposto por Cooperativa de Viviendas Monteventoso, contra Resolución do 25 de outubro de 1999 do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Acordárono e asinárono os señores indicados ó inicio».

Ante min.

A secretaria

Rubricado