Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (3008/2002).

Eu, Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación civil número 3008/2002, dimanante dos autos arriba referenciados, recaeu sentencia, cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan Manuel Lojo Aller, presidente, José Ferrer González e Inmaculada de Martín Velázquez, pronunciaron, en nome de el-rei, a seguinte:

Sentencia número 67/2003.

En Vigo (Pontevedra), o tres de febreiro de dous mil tres.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, viu en grao de apelación os autos de cognición 105/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Vigo, seguido entre partes, dunha como apelante-demandante, Vifeco Galici, representada pola procuradora Lagarón Gómez, e doutra, como apelado-demandado, Electricidad Dany, S.L., con domicilio na rúa Isaac Peral nº 10-12 de Vigo, sobre reclamación de cantidade.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvemos que, desestimando o recurso de apelación interposto pola procuradora Lagarón Gómez en nome de Vifeco Galicia, S.A., contra a sentencia do 15 de xuño de 2001, no xuízo de cognición número 105/2000 (peza de apelación 3008/2002), debemos confirmar e confirmamos esta resolución e impoñémoslle as custas desta alzada á parte apelante.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación á peza de sala nº 3008/2002 pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para a súa inserción no DOG e para que lle sirva de notificación ó apelado-demandado Electricidad Dany, S.L., expido e asino este edicto en Vigo o 26 de febreiro de 2003.

Rubricado