Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.941

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, pola que se lle dá publicidade ó convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as entidades de certificación de producto, para o fomento do proceso de certificación do encaixe de palillos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003.

Con data 7 de abril de 2003 subscribiuse entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e unha entidade de certificación de producto, un convenio aberto de colaboración para o fomento do proceso de certificación do encaixe de palillos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia do dito convenio, que figura como anexo desta resolución.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

José Manuel González González

Director xeral de Tecnoloxía

e Desenvolvemento Sectorial

ANEXO

Convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e as entidades de certificación de producto, para o fomento do proceso de certificación do encaixe de palillos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2003.

Reunidos

Dunha parte:

Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, que en virtude do disposto no artigo 3º da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 21 de xaneiro de 2003, sobre delegación de competencias en materia de subscrición de convenios no secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (DOG nº 17, do 27 de xaneiro), reclama neste acto para si o exercicio da competencia delegada pola dita orde.

Doutra parte:

Avelino Brito Marquina con DNI: 50805650-F, en calidade de director de organización e operacións da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), facultado para a sinatura do presente documento.

EXPOÑEN:

1. Que a Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, establece, no seu artigo 20, que a Administración do Estado, en colaboración coas comunidades autó

nomas, promoverá e potenciará a competitividade da industria española, e de acordo cos criterios dados pola Comisión para a Competitividade Industrial, fomentando en materia de calidade industrial, diversas iniciativas, entre as que se atopan a coordinación e participación de tódolos sectores e intereses da actividade económica e social na normalización, así como na súa difusión, e na certificación de conformidade a normas.

2. Que a dita lei, establece no seu artigo 19, co obxecto de ir impulsando a promoción da calidade industrial, os axentes que interveñen no ámbito da calidade, fundamentalmente nas áreas de normalización, certificación e acreditación, que veñen definidos no artigo 8 puntos 8.5º, 8.6º e 8.11º da dita lei.

3. Que o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, establece nos artigos do 20 ó 25 da sección I do seu capítulo III, as condicións que definen as entidades de certificación.

4. Que a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ten as competencias para a planificación, coordinación, execución, seguimento e control en materia de normalización, certificación e calidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Que, en Galicia, a actividade artesanal tivo e segue tendo unha grande importancia no equilibrio económico, demográfico e social gracias a súa localización e a variedade das súas actividades. Actualmente, constitúe un sector cun amplo abano de actividades en tódolos terreos e para tódolos usos o que propicia un papel fundamental nas zonas nas que se asentan.

6. Que a Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, veu a establece-lo marco legal de actuación do sector artesanal de Galicia, en virtude das competencias exclusivas atribuídas á Comunidade Autónoma polo artigo 27.17º do Estatuto de Autonomía de Galicia. Constituíuse un órgano, a Comisión Galega de Artesanía, que actúa de enlace entre a Administración e os artesáns, e o Rexistro Xeral de Artesanía no que se inscriben as actividades, as persoas e os talleres que teñen recoñecida oficialmente a consideración artesanal.

7. Que a Xunta de Galicia desde hai varios anos vén adoptando unha serie de medidas de apoio e estímulo encamiñadas a conservar, protexer e promociona-lo sector artesanal galego. Entre estas medidas cabe destaca-las relacionadas coa comercialización dos productos artesanais, e en concreto coas que permiten ofrecer ó mercado productos artesanais de calidade acreditada ou garantida.

8. Que nesta liña, as Administración autonómica e locais en colaboración co sector do encaixe de palillos, xunto co consello intertéxtil e técnicos da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) (entidade que foi designada para o

desenvolvemento da normalización a nivel nacional por orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de febreiro de 1986), constituíron un grupo de traballo que se engloba no Comité Técnico de Normalización AEN/CTN 40, de industrias téxtiles da Asociación Española de Normalización. Este grupo de traballo elaborou a norma UNE 40605 EX: Encaixe de palillos. Características xerais e métodos de ensaio que foi aprobada en xuño de 2000 segundo resolución da Dirección Xeral de Política Tecnolóxica.

9. Que na dita norma UNE 40605 se especifican os requisitos xerais que debe reuni-lo encaixe de palillos, así como os métodos de ensaio aplicables. Tamén se recollen as definicións da actividade, os materiais e utensilios, as características do encaixe, e os procedementos de elaboración dos diversos puntos.

10. Que na sociedade actual na que os consumidores demandan cada vez máis productos de calidade garantida, e que transmitan confianza sobre os seus procedementos de elaboración, os productos que se certifican de acordo a normas específicas constitúen un elemento diferenciador que o consumidor está demandando.

11. Que, co obxecto de fomenta-lo proceso de certificación do encaixe de palillos na Comunidade Autónoma de Galicia, foi subscrito no último ano un convenio aberto de colaboración entre a Consellería Industria e Comercio e as entidades de certificación de producto, tendo uns resultados que se consideran positivos.

12. Que pola especificidade das características que deben cumprir este tipo de entidades, que podemos considerar como micro-pemes de tipo artesanal dedicadas ó encaixe de palillos, a Administración considera de interese xeral este tipo de actividade e trata de fomenta-la súa calidade acreditada.

En consecuencia, coa finalidade de fomenta-lo proceso de certificación do encaixe de palillos de acordo coa norma indicada no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ámbalas partes acordan subscribi-lo seguinte convenio de colaboración con suxeición ás seguintes,

CLÁUSULAS:

Primeira.-Obxecto.

O obxecto do presente convenio é regula-lo marco de actuación e as relacións entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as entidades de certificación de producto que o subscriban, para o fomento do proceso de certificación do encaixe de palillos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para iso establécese un mecanismo que permite ás empresas que o desexen certifica-lo seu proceso de elaboración do encaixe de palillos, que se traduce no financiamento conxunto por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e polas enti

dades de certificación de producto, de tódolos gastos nos que incorran os talleres artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (en diante talleres artesanais), os productos dos cales certifican.

Segunda.-Entidades de certificación de producto.

Para efectos do presente convenio as entidades de certificación de producto deberán cumprir e acredita-los seguintes requisitos:

-Ser entidades acreditadas pola Entidade Nacional de Acreditación de acordo co estipulado no Real decreto 2200/1995, nos artigos 20 a 25 do capítulo III, sección I ou organismo internacional equivalente como organismos de avaliación da conformidade, que teñan establecidos comités técnicos nos que se establezan os requisitos a cumprir para logra-la conformidade dun determinado producto de acordo coas normas ou especificacións técnicas.

-Dispoñer dunha marca de conformidade para o encaixe de palillos, producto que hai que certificar consonte a norma UNE 40605 EX: Encaixe de palillos. Características xerais e métodos de ensaio.

A entidade de certificación de producto firmante deste convenio aberto e as que posteriormente se adhiran de acordo co procedemento que se establece, terán a consideración de empresas colaboradoras, con suxeición ó establecido no capítulo VI do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Polo que respecta a solvencia económica, non se esixe a súa acreditación neste convenio, xa que a modalidade de colaboración que se establece non supón en ningún momento un anticipo de fondos ás entidades colaboradoras, senón un reintegro do importe das subvencións anticipadas por estas.

Poderán adherirse ó presente convenio aberto tódalas entidades de certificación de producto que reúnan os requisitos anteriores e que soliciten a súa adhesión seguindo o procedemento que se establece na cláusula seguinte.

Terceira.-Procedemento de adhesión ó convenio.

Con independencia da entidade de certificación de producto asinante, con posterioridade á publicación do convenio no DOG, poderán adherirse a el aquelas entidades de certificación de producto que o soliciten e reúnan os requisitos esixidos no convenio; para estes efectos, deberán remitir á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a seguinte documentación:

-Compromiso de adhesión segundo o modelo do anexo I debidamente cuberto.

-Documento acreditativo do poder con que actúa o representante e fotocopia cotexada do seu DNI.

-NIF da entidade.

-Declaración expresa da entidade da súa capacidade para obrar e de non estar incursa en ningunha das circunstancias as que se refire o artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

-Certificados de estar ó corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, Facenda da Comunidade Autónoma e coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

-Documentación que acredite dispor dunha marca de conformidade para o encaixe de palillos acorde coa norma UNE 40605 EX: Encaixe de palillos. Características xerais e métodos de ensaio.

As entidades de certificación de producto remitirán tamén un informe que recolla os datos de localización, enderezo completo da súa sede central e, se é o caso, delegación en Galicia, interlocutor nesta comunidade e capacidade técnica da mesma indicando acreditacións dispoñibles, medios humanos da delegación, a súa cualificación e tarifas vixentes para a certificación do encaixe de palillos.

A data límite para solicita-la adhesión ó convenio por parte das entidades de certificación de producto finalizará o 30 de setembro de 2003.

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio analizará a documentación presentada e notificará a cada unha das entidades de certificación de producto a adhesión ou non a este convenio, en función do cumprimento dos requisitos esixidos neste.

Cuarta.-Empresas beneficiarias.

Poderán beneficiarse das axudas ás que se refire este acordo os talleres artesanais, sempre que estean establecidos en Galicia, se atopen dados de alta no imposto de actividades económicas (IAE), e inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que se regula polo Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

Quinta.-Procesos de certificación de productos subvencionables.

Serán obxecto de subvención por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, ó abeiro deste convenio, os procesos de certificación do encaixe de palillos que, notificados adecuadamente polas entidades de certificación de producto, reciban a aprobación previa por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

As entidades de certificación de producto remitirán á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a solicitude de expediente previo á certificación de producto, de acordo co anexo II e a aceptación de condicións por parte dos talleres artesanais beneficiarios que se xunta como anexo III. A consellería terá a potestade para estimar ou desestima-la dita solicitude en función da adecuación ós obxectivos do acordo, así como a dispoñibilidade orzamentaria.

Sexta.-Investimento subvencionable.

Para os efectos deste acordo entenderase como investimento subvencionable todos aqueles custos nos que incorran os talleres artesanais, beneficiarios deste convenio como consecuencia do proceso certificación do encaixe de palillos, ó que fai referencia a cláusula quinta do presente convenio.

Sétima.-Contía das axudas.

Para os beneficiarios deste convenio, a axuda recibida supón o financiamento total do proceso de certificación do encaixe de palillos. Esta axuda concretarase nunha subvención do 60% do investimento subvencionable por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e nun 40% por parte da entidade certificadora de producto, as cales se farán efectivas no momento da emisión das facturas correspondentes a cada proceso de certificación.

A achega máxima ás entidades de certificación de producto, por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio será de 4.500 euros por taller artesanal que desexe acollerse ó estipulado no presente convenio.

Oitava.-Obrigas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio achegará para o financiamento deste convenio a cantidade de 30.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.661-C.770.0 Fomento da calidade e deseño industrial», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2003.

Estas cantidades poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Novena.-Obrigas das entidades de certificación de producto.

As entidades de certificación de producto realizarán campañas informativas tendentes a fomenta-lo proceso de certificación do encaixe de palillos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun plan de información, divulgación, e formación.

Para a execución das ditas actividades de divulgación e sensibilización, as entidades de certificación coordinarán o alcance das súas actuacións coa Consellería de Innovación, Industria e Comercio, tanto no desenvolvemento dos seus contidos e temáticas que hai que contemplar como en relación ás datas de celebración dos eventos de forma que a dita coordinación redunde nunha maior eficacia das actuacións.

As entidades de certificación de producto porán á disposición da Consellería de Innovación, Industria e Comercio a información xerada en relación ós plans de divulgación e sensibilización coordinados con esta, para o seu tratamento como contidos informativos e da súa adecuada difusión de forma que complementen outra información xerada en materia de calidade e obteña un maior efecto multiplicador. Esta información que hai que facilitar estará formada a título orientativo por:

-Contidos técnicos da actuación en soporte electrónico.

-Descritores das actuacións: programa, destinatarios, axentes participantes, lugar e datas de celebración, distribución da convocatoria, etc.

As entidades de certificación de producto farán pública, ademais da información xerada ó abeiro

do presente convenio, as iniciativas propias relacionadas co proceso de certificación do encaixe de palillos.

Así mesmo, cada entidade de certificación de producto remitirá previamente á sinatura do convenio ou no momento de solicitude de adhesión para aquelas que se adhiran con posterioridade, un escrito polo que comuniquen a designación dun interlocutor único para a resolución de cantas dúbidas aparezan na tramitación das axudas, e que será o mesmo que teña a representación na comisión de seguimento.

As entidades de certificación de producto deberán comunicarlle á Consellería de Innovación, Industria e Comercio, calquera variación que se produza nos datos anteriores, garantindo a confidencialidade dos datos subministrados polos beneficiarios.

As entidades de certificación de producto someteranse ás actuacións de comprobación que esta consellería poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ós procedementos fiscalizadores do Consello de Contas.

Ademais, colaborarán na restitución das subvencións outorgadas nos que concorra causa de reintegro.

Décima.-Solicitude de admisión de expediente previo á certificación.

As entidades de certificación de producto remitirán á Consellería de Innovación, Industria e Comercio a solicitude de admisión de expediente previo ó proceso de certificación, segundo o modelo do anexo II.

Con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2003 atenderanse de forma correlativa a súa presentación individual as solicitudes de axuda para os procesos de certificación do encaixe de palillos que teñan entrada na Consellería de Innovación, Industria e Comercio antes do 31 de outubro de 2003, e se xustifiquen convenientemente antes do 28 de novembro de 2003.

As axudas concederanse seguindo a orde de presentación de solicitudes ata o límite de crédito dispoñible, tendo a consellería a potestade para estimar ou desestima-la dita solicitude, en función da adecuación ós obxectivos do presente convenio, así como da dispoñibilidade orzamentaria.

No momento en que a Consellería de Innovación, Industria e Comercio esgote a consignación orzamentaria establecida na cláusula oitava comunicarállelo ás entidades de certificación de producto, non admitindo ningunha nova solicitude, sen menoscabo da tramitación ordinaria das axudas xa aprobadas.

Unha vez autorizado pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio unha axuda a un proceso de certificación do encaixe de palillos e unha vez levado a cabo este, as entidades de certificación de producto aplicarán na factura que se van emitir

ós talleres artesanais os descontos ofertados por estas como porcentaxes que subvencionan a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e da propia entidade de certificación de producto nas condicións estipuladas.

Décimo primeira.-Xustificación das axudas.

Para recupera-las cantidades subvencionadas, as entidades de certificación de producto presentarán ante a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resumos trimestrais detallados segundo o anexo IV, xunto coa seguinte documentación:

-Copia da solicitude de autorización previa da axuda (anexo II).

-Aceptación de condiciones de cada un dos talleres artesanais beneficiarios das subvencións (anexo III).

-Copia das facturas emitidas pola entidade de certificación de producto, coa desagregación detallada dos distintos conceptos facturados, así como da axuda concedida por estas.

-Copia do certificado correspondente ó proceso de certificación do encaixe de palillos emitido pola entidade certificadora de producto.

Copia do recibo de pagamento da última anualidade do imposto de actividades económicas (IAE) do taller artesanal beneficiario da subvención, ou alta no imposto para os de nova creación.

Décimo segunda.-Pagamento das axudas.

Para o pagamento das axudas aprobadas por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, as entidades de certificación de producto deberán acreditar previamente que se atopan ó corrente do pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado e da Administración autónoma así como coa Seguridade Social. Para iso deberán presentar:

-Certificado acreditativo de estar ó día nas súas obrigacións coa Seguridade Social.

-Certificado acreditativo de estar ó corrente nas súas obrigacións tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa administración pública da Comunidade Autónoma galega. O solicitante poderá acudir á AEAT e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición do certificado correspondente ou cubrir debidamente asinada a autorización que se remite no anexo V para que este órgano poida solicitar esta información por vía informática.

-Certificación bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os pagamentos.

A data límite para presenta-las xustificacións será o 28 de novembro e os servicios técnicos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, poderán verificar nos talleres artesanais beneficiarios das axudas, que o proceso se levou a cabo segundo o establecido, emitindo o correspondente informe.

Comprobada a documentación achegada e verificado, se procede, que o proceso se levou a cabo segundo o establecido, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio realizará a proposta de pagamento para reintegrar ás entidades de certificación de producto o importe das subvencións anticipadas por estas.

Estas axudas serán incompatibles con calquera outra das establecidas por calquera administración pública, organismo o ente público, para o mesmo fin.

Procederase ó reintegro das subvencións percibidas nos supostos establecidos no artigo 78.4º TRLRFO aprobado polo Decreto lexislativo do 1/1999, do 7 de outubro.

Décimo terceira.-Seguimento do convenio de colaboración.

Para o seguimento e control do convenio de colaboración constituirase unha comisión integrada polo director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, un representante da Subdirección Xeral de Apoio Sectorial e os interlocutores únicos designados por cada unha das entidades de certificación de producto asinantes do convenio adheridas a el.

Décimo cuarta.-Natureza administrativa.

Este convenio ten natureza administrativa e, en consecuencia, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolverá tódalas cuestións que xurdan no seu desenvolvemento de acordo ás normas que regulan a materia de subvencións contidas no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de setembro, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicándose os principios do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, para resolve-las dúbidas e lagoas que puidesen presentarse, conforme o que dispón esta lei no seu art. 3 nos puntos 1º.d) e 2º.0.

Décimo quinta.-Causas de resolución.

Son causas de resolución do presente convenio de colaboración o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas del coa conseguinte anulación de tódolos expedientes en trámite.

Décimo sexta.-Vixencia.

Este convenio terá vixencia desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 28 de novembro de 2003.

E, en proba de conformidade cos termos do convenio, as partes comparecentes asinan e rubrican este no lugar e data indicados no encabezamento.

Juan Rodríguez YusteAvelino Brito Marquina

Conselleiro de Innovación,Por AENOR

Industria e Comercio