Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.941

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de maio de 2003 pola que se constitúe o colexio rural agrupado de Vilaboa da provincia de Pontevedra.

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Vilaboa, tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-lo colexio rural agrupado de Vilaboa, cos datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Vilaboa os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: EEI de Pousada (código 36015640), EEI de Figueirido (código 36014571), EEI de Bértola (código 36014246), EEI de Barciela (código 36014261), EEI de Paredes (código 36014271).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilaboa.

Localidade: Vilaboa.

Enderezo: Toural, 13.

Centro: colexio rural agrupado de Vilaboa.

Código de centro: 36024495.

Zona educativa: Vilaboa.

Unidades: EI 7.

Localidade Postos de traballo

EIEP

Cobres (Pousada)2-
Figueirido1-
Santa Comba de Bértola1-
Santa Cristina de Cobres (Barciela)2-
Vilaboa (Paredes)1-
Música1
Audición e linguaxe1
Inglés1
Total postos10