Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.948

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 16 de abril de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: A experiencia de educar para a saúde na escola. Programa de prevención do consumo de drogas.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións parafiscais da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta Consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

A experiencia de educar para a saúde na escola. Programa de prevención do consumo de drogas: 110,73 euros.