Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.136.517 e tres máis.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 93, do día 15 de maio de 2003, cómpre face-la seguinte corrección no texto do anuncio:

Na páxina 6.231, na columna da esquerda, na liña 4, referida ó prazo de execución da obra co título EDAR de Coirós. Coirós (A Coruña) e clave OH.315.526, onde di: «prazo de execución: trinta e catro (34) meses», debe dicir: «prazo de execución: vinte e oito (28) meses».

O prazo de admisión das proposicións para a contratación desta obra en concreto, de clave OH.315.526, rematará ás doce (12) horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das proposicións presentadas para esta contratación de clave OH.315.526 será realizada pola mesa de contratación, ás once (11) horas do día 20 de xuño de 2003, na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

A presente corrección de erros non afectará ás outras tres contratacións anunciadas na dita resolución.