Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación, mediante concurso, do servicio de asistencia telefónica no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, publicado no Boletín Oficial del Estado número 257, do 26 de outubro, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación, mediante concurso, do servicio de asistencia telefónica no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 21/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación, mediante concurso, do servicio de asistencia telefónica no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo da subministración: formalizarase o correspondente documento administrativo de contrato, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da constitución da fianza definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 36.000 euros anuais.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG número 344, do 2 de maio de 2003).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non-comunitarias.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas (BOPG número 344, do 2 de maio de 2003).

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la garantía de mantemento: tres meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: noveno día hábil desde o seguinte ó do remate do prazo da presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento e publicados no BOPG número 344, do 2 de maio de 2003.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia