Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2003 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial relativo a un aproveitamento hidroeléctrico outorgado a Hidroeléctrica del Arnoya, S.L. no río Xallas, concellos de Negreira e Outes. (Clave AC/55/98).

O 29 de novembro de 2001 o Consello da Xunta de Galicia acordou aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa que fora declarado, por Acordo do 10 de maio de 2001, de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

A sociedade Hidroeléctrica del Arnoya, S.L. presentou para a súa tramitación e en desenvolvemento do Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa, un proxecto sectorial relativo ó aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas outorgado ó seu favor mediante resolución de Augas de Galicia do 1 de agosto de 2001.

Así pois, de conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto nos artigos 25.3º da mencionada Lei 10/1995, e 13.2º do Decreto 80/2000, sométese a información pública o referido proxecto sectorial co fin de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo citado proxecto, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (praza de Vigo, 2, 15701 Santiago de Compostela) podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que se consideren oportunas no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ó da última das publicacións da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ou no xornal La Voz de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo Augas

de Galicia