Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 30 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2003/0004-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia laboral.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Advertíndolle que de non ser interposto, en tempo e forma, e no mesmo prazo terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar nas dependencias desta Dirección Xeral de Relacións Laborais, xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento nos termos previstos no artigo 2 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Confecciones Lismar Téxtil, S.L.

Domicilio/localidade: Chantada-Lugo.

Nº expte.: 2003/0004-0 407/02/2/T (AI).

Data resolución dirección xeral: 31 de marzo de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 51 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Precepto sancionador: artigo 8.3º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Sanción imposta: 12.000 A.