Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (203/2000).

María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 203/2000 se acordou citar a Sergio Herrán Hermida ó xuízo de faltas, en calidade de denunciado, que terá lugar o vindeiro día 23 de setembro de 2003, ás 10 horas, coas probas de que se intente valer e baixo os apercibimentos legais.

Fáiselle saber que se deixa sen efecto o sinalamento fixado para o día 29 de xullo, ás 10 horas.

E para que conste e lle sirva de citación a Sergio Herrán Hermida, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o 29 de abril de 2003.

A secretaria

Rubricado