Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.907

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (422/2002-E).

Eu, Manuel Ferreiro González, secretario da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que neste recurso se dictou sentencia, cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«A Coruña, 8 de novembro de 2002.

A maxistrada María Dolores Fernández Galiño, como tribunal unipersoal da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción número dous da Coruña, en xuízo de faltas número 493/2001, seguido por falta de lesións en agresión, no que figuran como apelante Guillermo Figueroa Fernández, e como apelados, Antonio Oreiro López, Jesús Cao Gacio e o Ministerio Fiscal.

Resolución.

Desestimando o recurso de apelación interposto por Guillermo Figueroa Fernández contra a sentencia con data do 7 de xaneiro de 2002, do Xulgado de Instrucción número dous da Coruña, confirmámo-la resolución contra a que se recorreu, declarando de oficio as custas da apelación.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario».

Co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación ó denunciado-apelado Antonio Oreiro López, expido e asino este edicto na Coruña o trinta de abril de dous mil tres.

Rubricado