Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia

(757/2002). Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 757/2002, por instancia de Fernando Mariano Olivares Rodríguez contra a empresa Protección A. Industrias, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña, 10 de abril de 2003, Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 757/2002, seguidos por instancia de Fernando Mariano Olivares Rodríguez, maior de idade, contra a empresa Protección A. Insdustrias, S.L. que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Fernando Mariano Olivares Rodríguez contra a empresa Protección A. Industrias, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 407,50 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 25 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA