O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e admi
nistración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.
O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 xaneiro de 1988, DOG do 17 de febreiro), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril). A Lei 11/1989, do 20 de xullo (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, determina a constitución do sistema universitario de Galicia con tres universidades: a Universidade da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Vigo.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Universidades, está a levar adiante unha política de asistencia económica ós estudiantes que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a calidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico.
Polo que antecede, esta consellería
DISPÓN:
Artigo 1º.-Obxecto.
Convócanse premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para os alumnos das universidades galegas que rematen os seus estudios no ano 2003.
O obxecto desta acción é facer un recoñecemento expreso da excelencia académica daqueles estudiantes matriculados no curso académico 2002/2003 en calquera dos centros pertencentes a algunha das tres universidades galegas.
Artigo 2º.-Orzamento.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria financiará estas axudas con cargo á partida orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamento xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, cunha contía máxima 134.626,24 A, sen prexuízo de poder ser incrementadas de acordo coas dispoñibilidades económicas da consellería.
Artigo 3º.-Contía.
Concederase un premio por cada unha das titulacións distintas impartidas no sistema universitario de Galicia ó alumno con mellor expediente académico.
Os solicitantes que resulten premiados recibirán:
* Un diploma acreditativo desta distinción.
* Unha contribución en metálico de 2.404,04 A.
Artigo 4º.-Período.
As actividades que se subvencionan nesta convocatoria serán realizadas durante o curso académico 2002/2003.
Artigo 5º.-Solicitudes e prazo de presentación.
1. Las solicitudes segundo modelo ED 415A que se publica como anexo á presente orde, asinada polo interesado, presentarase no rexistro xeral da consellería de Educación e Ordenación Universitaria dirixida á Dirección Xeral de Universidades-Subdirección Xeral de Universidades (edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, (BOE do 14 de xaneiro) para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de certificala.
2. Para os efectos de información os interesados tamén poderán consulta-la páxina web da Dirección Xeral de Universidades.
3. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de outubro de 2003 desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 6º.-Beneficiarios.
Poderán solicitar estas axudas os alumnos que cumpran os seguintes requisitos:
-Posuíren a nacionalidade española ou ser nacional dun dos estados membros da Unión Europea.
-Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 2,7 puntos, para alumnos de facultades e escolas universitarias; e 2 puntos, para alumnos de escolas universitarias técnicas e escolas técnicas superiores.
-Teren rematada a carreira no ano 2003.
-En ningún caso un 1º ciclo común, poderá servir de base para a concesión de maís de un premio fin de carreira.
Artigo 7º.-Documentación.
As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a) Copia do DNI.
b) Certificación académica persoal ou copia compulsada dela na que se fará consta-la nota media do expediente académico, calculada de acordo co artigo 8º das bases da convocatoria, número de créditos superados segundo a valoración académica con especificación das convocatorias. En caso de validación deberá presentar tamén a certificación da institución de orixe. Os que accedan ó segundo ciclo desde unha titulación de primeiro ciclo presentarán, ademais, certificación académica desta.
c) Breve currículum vitae, no que se indique, se é o caso, os premios, bolsas, etc., que lle foran concedidos e outros méritos que queiran alegar, xunto coa documentación correspondente.
d) Documento facilitado pola entidade bancaria, a nome do interesado, no que conste o número de conta do cliente, os códigos que identifican o banco, a oficina, e o díxito de control.
Artigo 8º.-Selección.
A selección farase ordenando tódalas solicitudes que cumpran os requisitos en función do expediente académico.
Para os efectos de selección, a valoración da nota media do expediente académico calcularase de acordo co seguinte baremo:
Matrícula de honra: 4 puntos.
Sobresaliente: 3 puntos.
Notable: 2 puntos.
Aprobado: 1 punto.
Segundo o plan de estudios que se cursase, esta nota media calcularase do modo que segue:
a) Estudios organizados por materias:
Media= suma de notas de cada materia/nº total de convocatorias empregadas.
b) Plans de estudios estructurados por créditos:
Media= (N1.P1+N2.P2+...)/C1.N1+C2.N2+...)
Onde:
N1= número de créditos de cada materia.
P1= puntuación de cada materia.
C1= número de convocatorias empregadas en cada materia.
A comisión avaliadora poderá ter tamén en conta, para matiza-la proposta, o currículum vitae dos solicitantes e os méritos acreditados. Naqueles casos en que a comisión avaliadora o considere oportuno, poderá propoñe-la concesión de accésit (sen dotación económica), ou deixalo premio deserto.
Artigo 9º.-Comisión avaliadora.
A selección dos candidatos será realizada por unha comisión avaliadora integrada por:
Presidente: o director xeral de Universidades ou, por delegación, o subdirector xeral de Universidades.
Vocais:
-Vicerrector de Estudiantes da Universidade da Coruña.
-Vicerrectora de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.
-Vicerrector de Extensión Universitaria e Estudiantes da Universidade de Vigo.
-Un funcionario do Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios.
-Un funcionario da Dirección Xeral de Universidades, que a actuará como secretario con voz e voto.
Artigo 10º.-Tramitación.
Unha vez comprobado que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde de convocatoria, exporanse as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provincias, e nos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades galegas, sinalando, se é caso, as causas de exclusión.
Así mesmo, estas listas tamén poderán ser consultadas na páxina web da Xunta de Galicia-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. www.xunta.es/ceoug/dxu/ As listas provisionais estarán expostas desde o día 6 ó 16 de novembro de 2003. Os interesados poderán, durante ese mesmo prazo, formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentación ante a Dirección Xeral de Universidades presentando, se é o caso, a documentación necesaria.
Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión arquivarase o expediente sen máis trámite.
Artigo 11º.-Resolución.
Efectuada a selección pola comisión, esta elevará, a través da Dirección Xeral de Universidades, un informe-proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen resolverá. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Artigo 12º.-Pagamento.
Para o aboamento das axudas convocadas na presente orde, e de acordo co estipulado no artigo 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, por el que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas de la Comunidad Autónoma de Galicia, farase un pagamento único do premio concedido.
Disposicións adicionais
Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asinado nos orzamentos para este fin.
Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto nos artigos 4 e 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desemvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceira.-Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Cuarta.-Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora, teña que examina-las solicitudes, algún dos compoñentes non puidesen asistir, será substituído pola persoa que para o efecto se nomee. Este nomeamento deberá recaer noutra persoa da dirección xeral, ou da universidade correspondente, en virtude da súa representación.
Quinta.-Para os efectos establecidos no artigo 10 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de seis meses, contados a partir da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes entenderanse desestimadas de non dictarse resolución expresa no prazo sinalado no parágrafo anterior.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o director xeral de Universidades para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria