Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 2 de abril de 2003, aprobou a forma de adxudicación medinte concurso, para a subministración de consumibles de informática para diversos servicios municipais do concello de Lugo. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración de material consumible e pequenos abastecementos de informática para divesos servicios municipais: elementos de impresoras de inxección, láser, matriciais; soportes magnéticos e ópticos; pequenos abastecementos, ata o 31 de decembro do ano 2004.

b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega será de 48 horas desde a súa petición polo Servicio de Informatica, non excedende de 7 días nas subministracións pouco habituais ou de modelos vellos. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo do contrato será o ofertado polos licitadores.

5. Garantías.

Provisional: 1.800 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidad: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidad: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira da reunión da xunta de compras que se celebre con posterioridade ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 458,02 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 24 de abril de 2003.

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área de Economía,

Desenvolvemento Local e Emprego