Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de addenda ó convenio urbanístico do Baño: aprobación inicial.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 14 de maio de 2003, aprobou inicialmente o documento denominado «Addenda ó convenio urnbanístico do Baño», asinado entre o Concello de Mugardos e Mahía Grupo Inmobiliario, S.L. con data 2 de outubro de 2002, e a inclusión na referida addenda dos compromisos especificados por Mahía Grupo Inmobiliario, S.L., no seu escrito de data 22-4-2003, (N.R.E. 1.880/24-4-2003).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para efectos de que durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formula-las reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Mugardos, 19 de maio de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde