Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO de información pública.

O Concello Pleno, en sesión de data do 10 de outubro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto

de modificación das normas subsidiarias do Concello de Campo Lameiro, co obxecto de incluí-lo proxecto sectorial de Parque Arqueoloxíco de Arte Rupestre, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 18 de xullo de 2002, quedando integrado este no referido planeamento urbanístico, conforme o establecido no artigo 11.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

En cumprimento do establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poidan formula-las alegacións que se consideren oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Campo Lameiro, 28 de abril de 2003.

Julio Sayáns Bugallo

Alcalde