1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.
c) Número de expediente: C-3/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para o mantemento, mellora e análise do sistema de información sociosanitario.
b) Prazo de execución: un ano contado desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.
4. Orzamento base de licitación: setenta e un mil cincocentos sesenta e oito euros (71.568 A).
5. Garantía provisional: non.
6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que
o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.
e) Admisión de variantes (concurso): non.
9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), que se computará desde o quinto día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destos gastos ascende a dous mil euros (2.000 A).
11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos