Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dunha consultoría e asistencia para a realización de funcións de apoio na tramitación de expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario (C-257/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: C-257/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a realización de funcións de apoio na tramitación de expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito sanitario.

b) Prazo de execución: dous anos desde a súa formalización.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento sesenta e cinco mil oitocentos vinte euros con oito céntimos de euro (165.820,08 A).

5. Garantía provisional: non .

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), que se computará desde o quinto día natural

seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destos gastos ascende a dous mil euros (2.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos