Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 22 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (expediente 45/2003 e outro máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Pedras Salnés, S.L.

Domicilio/localidade: lg. Arosa-San Martín. Meis.

Número expte.: 45/2003. 1482/02(AI).

Data resol. delg. prov.: 9-4-2003.

Precepto infrinxido: art. 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación co art. 11.1º da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Precepto sancionador: art. 50.2º, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución : multa de 300,52 euros.

Empresa: Pedras Salnés, S.L.

Domicilio/localidade: lg. Arosa-San Martín. Meis.

Número expte.: 46/2003. 1483/02(AI).

Data resol. deleg. prov.: 9-4-2003.

Precepto infrnxido: art. 3 a), parte C, anexo IV, en relación co art. 11.1º c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Precepto sancionador: arts. 12.16º f), 39.3º a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 3.000 euros.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 22 de abril de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra