Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle concede autorización á empresa Eurocontrol, S.A., para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Ruth García Taboada, en calidade de delegada en Galicia de Eurocontrol, S.A., con CIF G-10082261, con domicilio social en r/ García Olloqui, 6, 4º B, Vigo (Pontevedra), para actuar como organismo de control, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes feitos:

Primeiro.-Eurocontrol, S.A. foi acreditada por Enac, Entidade Nacional de Acreditación, en data 20-7-2001, como entidade de inspección tipo A, segundo os criterios recollidos na norma UNE EN 45004:95, para as actividades de inspección ambiental, tal e como consta no certificado de acreditación nº 06/EI092, expedido en data 20-7-2001 e con vixencia ata notificación en contra.

Segundo.-Con data 13 de setembro de 2002, Ruth García Taboada, en nome e representación de Eurocontrol, S.A., presentou escrito solicitando, ó abeiro do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestructuras de cali

dade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43.3º do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente (DOG nº 4, do 8 de xaneiro), modificado polos decretos 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG nº 27, do 8 de febreiro), 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de

febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial e a demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Eurocontrol, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la empresa Eurocontrol, S.A., para actuar como organismo de control para as actividades de inspección ambiental comprendidas nos ámbitos regulamentarios seguintes:

Calidade ambiental.

-Área atmosfera.

-Área augas.

-Área residuos.

Segundo.-Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, podendo ser suspendida ou revogada ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

Terceiro.-Eurocontrol, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos

regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo en calquera caso notificarlle á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou, o inicio da súa actividade.

Cuarto.-Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

a) Comunicarlle á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ó día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, o informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (Enac).

b) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

c) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Medio Ambiente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental