Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/213).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Barral-Bordaos.

Situación: Tordoia.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 410 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Arcai e final no C.T.I. Barral, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Barral, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 286 m de lonxitude que se conecta á rede existente no lugar.

Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 750 m de lonxitude, con orixe no C.T. Albán e discorrendo polo lugar. No termo municipal de Tordoia.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Os propietarios dos predios nº 7, Jesusa Ríos Barreiro; predios nº 1, 6 e 7, Antonio Liñares Vilariño; predios nº 10 e 15, Antonia Ríos Barreiro; predio nº 12, Adelina Liñares Regueiro, alegan que existe un tendido eléctrico que subministra enerxía eléctrica ás aldeas de Barral e ás que están nesa marxe polo que se opón a que se expropien predios da súa propiedade, pois o lóxico sería reforza-la liña existente. Alegan ademais que o problema principal é que existe un C.T. que subministra enerxía a dúas aldeas distintas.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que efectivamente existe unha R.B.T. que parte do C.T. Albán e que subministra enerxía á zona, pero a sección dos conductores é insuficiente para as actuais necesidades. Que o proxecto solventa o problema de subministración, para o cal se proxecta outro C.T. cunha L.M.T e reforma da R.B.T. existente. Cita o Decreto 2151/1968, do 28 de novembro R.T.L.E.A. e o seu artigo nº 4.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 21 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña