Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación, do concurso aberto, da obra de clave OU/03/085.02.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: reforzo do firme na C-533 p.k. 38+000/32+550, treito Cambela-Santa Cruz.

Clave do expediente: OU/03/085.02.

Orzamento base de licitación: cincocentos trinta e nove mil cincocentos euros con trece céntimos (539.500,13 euros).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares, relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas 2, teléfono 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver punto 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver alínea F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 11 horas, do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda