Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto: acondicionamento e mellora da seguridade vial na estrada C-536, treito: p.k. 1+900 ó p.k. 8+000. Ourense-O Pereiro de Aguiar (Derrasa). Clave: OU/00/76.06, termo municipal do Pereiro de Aguiar.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 15 de novembro de 2002 procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de acondicionamento e mellora da seguridade vial na

estrada C-536, treito: p.k. 1+900 ó p.k. 8+000. Ourense-O Pereiro de Aguiar (Derrasa). Clave: OU/00/76.06. Termo municipal de O Pereiro de Aguiar polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 19 de decembro de 2002 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 363/2002, publicado no DOG nº 11, do 17 de xaneiro de 2003.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no Concello do Pereiro de Aguiar, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello do Pereiro de Aguiar.

Data: 20 de xuño de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

Do predio nº 1 ó predio nº 5.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello do Pereiro de Aguiar e no Servicio Provincial de Estradas (r/ Sáenz Díez n º 1-1º) 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas en Ourense, as alegacións que coiden pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 14 de maio de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe