Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial para a Central de Transportes de Mercadorías de Ponte Caldelas (Pontevedra).

En consonancia co sinalado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e en cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto sectorial para a Central de Transportes de Mercadorías de Ponte Caldelas (Pontevedra) durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Transportes, sitas na praza de Europa, portal 5-A, 2ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e presenta-las alegacións, documentos e xustificacións que coide pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes