Examinado o expediente presentado por José Antonio Doldán Pedreira, solicitando autorización para a apertura e funcionamento do centro privado PC Carrier de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de mañá e desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra, quen o remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre
autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e o funcionamento do centro privado PC Carrier de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de mañá e desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite, segundo se especifica no anexo desta orde.
Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.
Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: r/ Uruguai nº 17 baixo.
Código do centro: 36024483.
Denominación: centro privado PC Carrier.
Titular: PC Carrier, S.L.
Ensinanzas que se autorizan:-Familia profesional: informática.
Quenda de mañá:-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 alumnos/unidade).
Quenda de tarde-noite:-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 20 alumnos/unidade).