Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Con data do 11 de abril de 2003 asinouse entre a Alcaldía e a sociedade Castañer y Castañer, S.L. un convenio urbanístico relativo á unidade de actuación Norte-3 do PXOU vixente e o soar adxacente (avda. da Coruña-rúa Camiño de Pipín).

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de abril de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da área