Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía do 16 de maio de 2003, o estudio de detalle para reaxustar aliñacións, ordenar volumes e concretar condicións estéticas e de composición da edificación na parcela situada no Areal 4, Cabanas, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García e promovido por Tecnipro Norte, S.L.

De acordo co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia, o expediente instruído para o efecto sométese a información pública na secretaría do concello polo prazo de vinte días a contar desde a publicación do presente anuncio no DOG, co obxecto de que poida examinarse e, se é o caso, formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Cabanas, 16 de maio de 2003.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa