Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, este rector resolve facer público o resultado das adxudicacións dos expedientes que se mencionan a continuación.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

1. Obxecto do contrato: expediente: 1/2003.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: espectrómetro de masas de ións secundarios de tempo de voo (TOF-SIMS).

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: negociado.

3. Adxudicación.

a) Data: 31-3-2003.

b) Contratista: Telstar-Instrumat, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 662.107 euros, IVE incluído.

1. Obxecto do contrato: expediente: 310/2002-catro (4) lotes.

a) Tipo de contrato: consultoría /asistencia e servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo.

c) Boletín e data de publicación do anuncio de licitación.

DOG: 11-12-2002.

BOE: 5-12-2002.

DOCE: 6-12-2002.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación: lote 1: 88.000 euros, IVE incluído.

Lote 2: 230.000 euros, IVE incluído.

Lote 3: 200.000 euros, IVE incluído.

Lote 4: 217.000 euros, IVE incluído.

4. Adxudicación.

a) Data: lotes 1 e 3: 20-3-2003.

Lotes 2 e 4: 24-3-2003.

b) Contratista: lotes 1 e 3: Servicios de Mantenimiento y Limpieza (SAMYL), S.L.

Lotes 2 e 4: Clece, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote 1: 80.000 euros, IVE incluído.

Lote 2: 225.400 euros, IVE incluído.

Lote 3: 185.000 euros, IVE incluído.

Lote 4: 213.745 euros, IVE incluído.

Vigo, 22 de abril de 2003.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo