Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., no expediente de dilixencias previas 51/2003.

A Delegación Provincial de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas 51/2003, seguidas en virtude de denuncia formulada por Sergio Gómez Campos como propietario da vivenda de 5º B da rúa Carril das Flores, 34 de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na referida vivenda.

As obras de reparación que hai que realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas consistentes en:

-Condensación en dormitorios e salón.

-Os rodapés do solado de madeira con manchas producidas por humidade dos paramentos verticais.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 23 de abril de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo