Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

ANUNCIO de información pública.

No BOP de Lugo nº 102, do 6 de maio de 2003, publícanse as bases que rexerán para cubrir, como persoal laboral fixo, unha praza de peón de obras e servicios vacante no cadro de persoal deste concello e correspondente á oferta de emprego de 2002.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados do seguinte ó de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no taboleiro de edictos deste concello e no BOP, se é o caso.

Navia de Suarna, 16 de maio de 2003.

Vicente Flores González

Alcalde