Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas Instaladoras-Conservadoras de Grúas Torre de Obra de Galicia (Asingruga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas Instaladoras-Conservadoras de Grúas Torre de Obra de Galicia (Asingruga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas galegas que se dediquen ó aluguer, venda, instalación e conservación de grúas torre para obra e maquinaria de construcción, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Enrique Costa Rúa, en representación da sociedade Ricardo Costa Requejo y Otro, S.C. e dezaoito persoas máis representando a outras sociedades.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais