Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos (Agafac).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 10 de abril de 2003 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Luis Rey Recio, na que se reflicten os acordos acadados na asemblea xeral, na reunión realizada o 18 de febreiro de 2003, e que consiste nunha nova redacción dos estatutos da asociación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral Relacións Laborais