Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.771

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (889/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario en funcións do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 889/2002, seguidos por instancia de Raquel Trashorras Manso contra Asociación de Trastorno Límite de la Personalidad (Asgai) e Fogasa sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 11 de abril de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Raquel Trashorras Manso, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 4.468,06 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución a nese sentido debo condenar e condeno a empresa Asociación de Trastorno Límite de la Personalidad (Asgai) a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 4.468,06 euros en concepto de salarios.

E debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo ó seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco

días contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ó ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Asociación de Trastorno Límite de la Personalidad (Asgai) que tivo o seu último enderezo coñecido en María del Carmen González Sieira: rúa Víctor Villar Chao, 12-1º esq., Porto do Son-A Coruña; e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 11 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado