Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.771

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (904/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 904/2002, seguidos por instancia de Francisco Javier Coronado Santiago e outro contra Icom Galicia, S.L. sobre salarios, nos que se dictou sentencia en data 25 de marzo 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Francisco Javier Coronado Santiago e David Mesías Fernández contra e empresa Icom Galicia, S.L., condeno a esta a aboarlle-la cantidade de 5.385,32 euros a Francisco Javier Coronado Santiago e 4.456,82 euros a David Mesías Fernández, que lles debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 904.2002 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e

150,25 euros en concepto de depósito, sen os cal non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Icom Galicia, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 26 de abril de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado