Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.770

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (145/2001).

Sagrario Campelle Seijo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 145/2001 se dictou a presente sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Noia o quince de abril de dous mil tres.

Vistos por min, Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia e o seu partido, os pre

cedentes autos de xuízo de faltas nº 145/2001, por falta de lesións imprudentes con ocasión de conducción de vehículos de motor contra Alfredo Sánchez Gil; sendo denunciante José Lema García, representado pola procuradora Carmen Currás Calo e asistido do letrado Ramón Siaba Vara, intervindo como responsable civil directo a entidade aseguradora Agrupación Mutual Aseguradora, representada pola procuradora Caridad González Cerviño e asistida polo letrado Enrique Mareque Álvarez Santullano.

Decido que, en atención ó exposto, debo absolver e absolvo a Alfredo Sánchez Gil da falta de lesións imprudentes da que viña sendo acusado, así como das restantes pretensións que contra el se viñan exercendo, e, así mesmo, debo absolver e absolvo a entidade aseguradora Agrupación Mutual Aseguradora das pretensións indemnizatorias contra ela articuladas; declarándose, por tanto, as custas de oficio».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Alfredo Sánchez Gil, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o vintecinco de abril de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado