Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.770

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 9 de abril de 2003 polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 39 do 25 de febreiro de 2003, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno de data 9 de abril deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican, ós/as funcionarios/as que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de tra

ballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivesen desfrutando os/as interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os/as interesados/as podan exercitar, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 7671351102 A2207.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Arias Demanuel, Mª Montserrat.

Posto de traballo: auxiliar.

Número de posto: 061.

Nivel: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 7671307597 A2294.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Fernández Rodríguez, Casilda.

Posto de traballo: auxiliar.

Número de posto: 062.

Nivel: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA