Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.769

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará o procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas convocados por Orde do 11 de marzo de 2003.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 11 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo), pola que se convocaba procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas convocados por Orde do 11 de marzo de 2003, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-lo tribunal que deberá xulga-lo procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas convocados por Orde do 11 de marzo de 2003 no anexo desta resolución.

Segundo.-A localidade de actuación do citado tribunal farase pública na resolución desta dirección xeral na que se anunciará a hora e o lugar do acto de presentanción, celebración das probas de coñecemento de lingua castelá se é o caso, coñecemento de lingua galega e primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros do tribunal que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibi-las axudas de custo e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

ANEXO

Tribunal titular único.

Presidente: Durán Alonso, Juan.

Vocais:

Camacho Muelas, Tomás.

Alonso Álvarez, Manuel.

Simeó Máñez, José Vicente.

Centelles Fabado, Arturo.

López Prado, Jesús.

Tribunal suplente único.

Presidente: Cabo Meseguer, Julio.

Vocais:

González González, José Román.

Rey Silva, Reyes.

Viceiro Filgueira, Francisco Javier.

Nogueroles Bermúdez, Eduardo.

Pérez Planells, José Vicente.