Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.751

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarias do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro) para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, e celebrado o acto previsto na Orde do 8 de maio de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarias do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de estatísticos, as aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo

coa puntuación final obtida, e adxudicándolle, como destino definitivo, o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarias, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B)

Escala técnica de estatísticos

Acceso libre.

Apelidos e nomeDNICódigoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Calvo Ocampo, María Esther32667226EFA010000015770012Posto base grupo B16Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo

Romero Martínez, María Pilar78798805EFA010000015770013Posto base grupo B16Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo