Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.750

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de maio de 2003 pola que se procede á adxudicación, con carácter definitivo, de postos ós funcionarios que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000, para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Realizado o acto de petición de destino definitivo o día 19 de maio de 2003 polos funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, nomeados pola Orde do 23 de xaneiro de 2002 (DOG nº 22,

do 30 de xaneiro) e unha vez elevada a proposta de adxudicación por parte da correspondente comisión, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle con carácter definitivo á funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, que se relaciona no anexo, nomeada pola Orde do 23 de xaneiro de 2002 (DOG nº 22, do 30 de xaneiro), o posto de traballo que se especifica nel.

Segundo.-A toma de posesión da funcionaria efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do Regulamento 93/1991 (DOG nº 58, do 25 de marzo),

computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo establece a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A)

Escala superior de finanzas

Promoción interna.

Apelidos e nomeDNICódigoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Rodríguez Simal, María Soledad35313361EFC991000036001060Inspector tributario26PontevedraPontevedraDefinitivo