Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.752

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de decembro de 2001 (DOG nº 245, do 20 de decembro) para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, e celebrado o acto previsto na Orde do 8 de maio de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo

coa puntuación final obtida, e adxudicándolle, como destino definitivo, o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A)

Escala superior de estatísticos

Acceso libre.

Apelidos e nomeDNICódigoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Villar Cheda, María Estefanía32673611EFA010000015770004Posto base grupo A20Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo

Díaz Doutón, Rosa María33294822EFA010000015770002Posto base grupo A20Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo

Silveira Calviño, Solmary33296796EFA010000015770011Posto base grupo A20Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo

Jacome Rodríguez, Raúl76823077EFA010000015770003Posto base grupo A20Santiago de CompostelaA CoruñaDefinitivo