Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de maio de 2003 pola que se convocan as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica para o ano 2003.

A Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de

xullo de 2002, aprobou as bases polas que se rexen as convocatorias de bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. No artigo 6 desta orde, establécese que as ditas bases teñen vixencia ata a finalización do PGIDIT 2002-2005, e que anualmente a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar unha resolución que reabra o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a estas, así como aqueles aspectos que se considere necesario actualizar na convocatoria anual.

Tendo en conta os decretos 22/2003, do 20 de xaneiro polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e 23/2003, do 20 de xaneiro polo que se modifica a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, e polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Establecer como prazo de presentación de solicitudes para as bolsas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores do programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, exercicio 2003, o período que para cada modalidade se sinala na táboa seguinte, na que se indican ademais os créditos que a cada acción se destinan, se ben, todos eles poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos:

Anexo

Accións

Prazo de presentación de solicitudes

Prazo de exposición da lista de admitidos/excluídos

Partida orzamentaria

Anualidades en miles de euros

Ano 2003Ano 2004

IBolsas de prórroga de 3º cicloAta o 29 de agosto------08.05.432A.480.0

cofinanciada con FSE

Anexo

Accións

Prazo de presentación de solicitudes

Prazo de exposición da lista de admitidos/excluídos

Partida orzamentaria

Anualidades en miles de euros

Ano 2003Ano 2004

IIBolsas predoutorais (novas adxudicacións e 2ª prórroga)40 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no DOGDo 18 ó 28 de xullo (só para predoutorais de nova adxudicación)08.05.432A.480.0

cofinanciada con FSE

873

1.460

IIIBolsas para estadías40 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no DOGDo 18 ó 28 de xullo08.05.432A480.0

confinanciada con FSE

Segundo.

1. En aplicación do disposto na base 3 do anexo I da Orde do 15 de xullo de 2002, fixa-la contía das prórrogas de bolsas de terceiro ciclo, para o curso 2003-2004, en 480 euros brutos mensuais.

2. En aplicación do disposto na base 2.1 da liña A, anexo II, da Orde do 15 de xullo de 2002, fixa-la contía das bases predoutorais de nova adxudicación e de segunda prórroga, para o curso 2003-2004, en 905 euros brutos mensuais, se ben esta contía poderá incrementarse durante o ano 2004 nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

3. En aplicación do disposto na base 4 da liña A, anexo II, da Orde do 15 de xullo de 2002, o número de bolsas predoutorais de nova adxudicación que se convocan para o curso 2003-2004 é 90, todas elas correspondentes ó programa xeral.

Terceiro.-As bases polas que se rexerán estas axudas son as recollidas na Orde do 15 de xullo de 2002 publicada no DOG do 24 de xullo, coas modificacións que de seguido se indican:

1. Modifícase o punto 1 do punto A do anexo II que quedará redactado nos seguintes termos:

«1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houbese.

c) Realiza-la tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma de Galicia se ben, en casos excepcionais e debidamente xustificados tendo en conta o interese científico-técnico do proxecto, aqueles que obtiveran o título de licenciado nunha universidade do sistema universitario de Galicia poderán solicita-la bolsa para realiza-la súa tese nun centro de fóra da comunidade.

d) Posuír unha media de expediente académico de licenciatura igual ou superior a 1,5, excepto para os estudios técnicos superiores que será de 1.

e) Non ter transcorrido máis de tres anos desde a data de remate dos cursos académicos do programa de doutoramento ó que estea adscrito o solicitante. Admitiranse tamén as solicitudes daqueles que estean matriculados no segundo ano dos ditos estudios no momento de presenta-la súa solicitude.

f) O proxecto de tese, segundo o artigo 7 do Real decreto 778/1998, do 30 de abril, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios de posgrao, deberá ter sido aprobado polo consello de departamento antes do 1 de outubro do ano en que se inicia a bolsa.

g) Non ter gozado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias, durante un período dun ano ou superior.

h) Estar en disposición de obte-los 32 créditos dos cursos de doutoramento ou o certificado de estudios avanzados antes da data de inicio da bolsa (1 de outubro)».

2. Modifícase o punto 5 do anexo III que quedará redactado nos seguintes termos.

«5. A estadía para a que se solicitan as axudas se é de duración inferior ou igual a 3 meses deberá gozarse integramente no ano ó que se refire a convocatoria correspondente. As estadías de duración superior a tres meses deberán iniciarse como moi tarde o 1 de outubro dese ano».

Terceiro.-Os modelos oficiais de solicitudes: RHU-04, RHU-01e, RHU-02, e RHU-03, dos que as caras externas se publican como anexos I, II e III, respectivamente, á presente orde, estarán ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos: http://www.sxid.org ou http://www.xunta.es/conselle/in.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio