Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.725

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 2003 pola que se dispón que o director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria se encargue temporalmente do despacho dos asuntos da secretaría xeral desta consellería.

Producida a vacante da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo pasamento do seu titular, cómpre adopta-las medidas inmediatas que aseguren o normal funcionamento e a resolución dos asuntos que ten encomendados a secretaría xeral deste departamento.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias propias da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que figuran no Decreto 388/1990, do 11 de xullo, e as demais que lle foron expresamente delegadas pola Orde do 21 de xuño de 1996, quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ó director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria