De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona, a resolución da delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-46/2002, incoado ó titular do establecemento de restaurante denominado O Camiño, situado na rúa Calvo Sotelo nº 211 do concello de Sarria (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Expediente: LU-46/2002.
Denunciado: Manuel López Díaz.
Establecemento: restaurante O Camiño.
Enderezo: rúa Calvo Sotelo nº 211. Localidade: Sarria.
Feitos denunciados: non efectua-lo cambio da titularidade do establecemento.
Precepto infrinxido: artigo 16 da Lei 9/1997.
Tipificación da infracción: artigo 86, punto 3º da Lei 9/1997.
Cualificación: leve.
Sanción: 180 euros.
Lugo, 21 de abril de 2003.
Antonio Calvo Varela
Delegado provincial de Lugo