Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 20 de febreiro de 2003 dictada no expediente sancionador LU-47/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona a resolución da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, dictada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-47/2002, incoado ó titular do establecemento de café bar denominado O Camiño, situado na rúa Calvo Sotelo nº 211 do concello de Sarria (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Expediente: LU-47/2002.

Denunciado: Manuel López Díaz.

Establecemento: Café Bar O Camiño.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo nº 211. Localidade: Sarria.

Feitos denunciados: non efectua-lo cambio da titularidade do establecemento.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Lei 9/1997.

Tipificación da infracción: artigo 86, punto 3º da Lei 9/1997.

Cualificación: leve.

Sanción: 180 euros.

Lugo, 21 de abril de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo