Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 11 de febreiro de 2003 relativo ó expediente sancionador LU-48/2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona, o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, expediente número LU-48/2002, incoado ó titular do establecemento de café bar denominado Satélite 22, situado no lugar do Cereixal s/n, do concello de Becerreá (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Noméase instructor do procedemento a Francisco López Castro e secretario a Alfredo Seijas Sáinz, funcionarios desta delegación provincial; é o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial desta consellería en Lugo, segundo o disposto no artigo 99.1º da Lei 9/1997.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Expediente: LU-48/2002.

Denunciado: Javier Álvarez López.

Establecemento: Café Bar Satélite 22.

Enderezo: O Cereixal. Localidade: Becerreá.

Feitos denunciados: carencia de documentación turística de obrigatoria exposición pública.

Preceptos infrinxidos: artigo 16 da Lei 9/1997.

Tipificación da infracción: artigo 86.2º da Lei 9/1997.

Cualificación: leve.

Sanción: 180 euros.

Lugo, 21 de abril de 2003.

Antonio Calvo Varela

Delegado provincial de Lugo