Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/496-4).

Visto o expediente para outorgamiento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Desarrollo Energético da Lama, S.R.L.

Domicilio social: Cantón Grande 6 6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.M.T. interconexión central h. río Xiesta-sub. cunca r. Verdugo.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV: tramo subterráneo, de 710 m de lonxitude, con conductor 1xAl 150 mm, desde a central hidroeléctrica no río Xiesta, seguindo o encanamento de conducción forzada ata o apoio de paso subterráneo-aéreo; tramo aéreo, de 3.694 m de lonxitude, con conductor LA-110, sobre apoios de aceiro e formigón, desde o apoio de paso subterráneo-aéreo citado no tramo anterior, ata a subestación conca río Verdugo. Concello da Lama.

Realizada a información pública DOG do 13 de decembro, BOP do 11 de decembro, La Voz de Galicia do 10 de decembro de 2002, no taboleiro do Concello da Lama polo período regulamentario e a comunicación individual a cada un dos afectados, presenta alegacións, no prazo establecido para iso José Baqueiro Ogando, pte. da C.M.V.M.C. de Xende, mediante escrito de data 16-1-2003, no que alega que non está de acordo coa delimitación parroquial realizada e, polo tanto, coa relación de bens e dereitos publicada, para o que xunta diversa documentación e solicita que se corrixa a dita delimitación, así como a listaxe de bens e dereitos afectados.

Trasladadas á empresa, esta manifesta que a cartografía utilizada é a correspondente á confeccionada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra e que sendo o rexistro xeral de Montes en Man Común un rexistro oficial, é vinculante, salvo que esta sexa impugnada e exista sentencia firme. Xunta copia do acordo do Xurado Provincial de Montes.

Respecto das ditas alegacións hai que facer constar que os rexistros oficiais deben ser tidos en consideración, de acordo coa Lei de expropiación do 16 de decembro de 1954, que no artigo 3.2º indica que salvo proba en contrario, a Administración expropiante considerará propietario ou titular a quen con este carácter conste nos rexistros públicos que produzan presunción de titularidade, que só pode ser destruída xudicialmente, ou, no seu defecto, a quen apareza con tal carácter nos rexistros fiscais ou, finalmente, ó que o sexa pública e notoriamente e polo tanto toda a documentación que eles achegan debería ser presentada na xurisdicción civil para que ela determine o que estime oportuno.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran neste e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de catorce meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 10 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra